25/1/09

Poesía de José María Alvarez Blázquez



Non é certo que os nenos teñan fame.
Non pode ser.Ben o sabedes todos
Os que andades no mundo atafegados
Á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
Pedindo esmola,
Non teñen fame, non, porque daquela,
Vos teríades morto de vergoña.
E ben os vexo andar nos vosos coches,
Ou nos tranvías, a berrar de cousas
Estranas, (¡viva, beba, baba, buba!)
Sin reparar naquil esfarrapado
Que coa moura mauciña esta petando
Na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
O que algún caviloso dí dos nenos
Que andan así, petando pola vida.
¡Non, home non, lle dixen a un daqueles,
a xente pasa leda, ¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!


Jose María Alvarez Blázquez
1915 – 1985)


No hay comentarios: